UbuntuGalicianTranslators
Revision 1 as of 2006-06-17 12:04:45
Clear message
Benvidos
Benvidos ao "Wiki" do equipo de tradutores de Ubuntu ao galego.
Obxectivos
Conseguir ter Ubuntu totalmente en galego. Para iso hai que:
- Traducir os paquetes e programas propios de Ubuntu (do estilo de "about-ubuntu").
- Colaborar cos distintos equipos de tradución ao galego (de GNOME, KDE, etc) para completar a tradución das aplicacións que se poden atopar nas distribucións GNU/Linux.
Colaborar
Únete ao equipo en https://launchpad.net/people/ubuntu-l10n-gl
Comezar a traducir
Existen varios equipos de tradución ao galego, para evitar a duplicidade de traballo, coa conseguinte frustración, é ""IMPRESCINDIBLE"":
- Comprobar que a tradución que imos realizar, non estea xa completada ou en proceso:
Aplicacións GNOME: http://l10n-status.gnome.org/HEAD/gl/index.html
Aplicacións KDE: http://trasno.net/kde/kde-trunk.php